SUSPENDIDOS OS FESTEXOS DE VERÁN QUE ORGANIZA O CONCELLO DE RIBEIRA

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

O Concello de Ribeira decidiu suspender a celebración dos festexos de verán en cuxa organización participa directamente esta administración, tales como as festas de agosto, a feira mariñeira Artemar ou as festas patronais de Santa Uxía.

Esta decisión foi tomada esta mañá no marco da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19, na que tamén se prohibiu a instalación de cacharelas en solo público municipal durante as próximas festas de San Xoán da noite do 22 de xuño.

Ademais, e coa fin de evitar a propagación de posibles contaxios, o Concello non autorizará durante o período estival ningún evento no que non estea plenamente garantido o control do aforo.

Novos cursos de Ribeira Academy

A Comisión abordou tamén outros asuntos, como unha nova convocatoria de cursos gratuítos do plan Ribeira Academy cuxo prazo de inscrición abrirá o vindeiro 15 de xuño. Poderán beneficiarse 400 persoas, con prioridade para persoas en paro, autónomas e afectadas por ERTEs.

Tamén na semana do 15 de xuño está previsto a apertura das tres liñas de axuda elaboradas no marco do Plan Reactiva Ribeira coa fin de paliar os efectos no noso municipio da crise do Covid-19 :

  1. Convocatoria de axudas de emerxencia a persoas en situación de dificultade económica (persoas en paro e afectadas por ERTEs) como consecuencia do impacto económico provocado pola crise sanitaria do Covid-19 no municipio de Ribeira.
  1. Convocatoria de axudas para a reactivación económica do comercio e a hostalería local derivada da crise sanitaria do Covid-19 no municipio de Ribeira.
  1. Convocatoria de axudas para a mellora e innovación do comercio local no municipio de Ribeira.

Por outra parte, dende a Policía Local se informou dunha denuncia a un local de hostalería que vulnerou o horario de confinamento, mentres que dende Servizos Sociais se dou conta de que durante este Estado de Alarma se están a atender mensualmente un total de 444 unidades familiares entre Cáritas Parroquial, ICE Renovación e o propio Departamento de Servizos Sociais.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!