Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla, tódalas fins de semana de XUÑO e de SETEMBRO en veleiro

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Esta fin de semana comezan as rutas en veleiro para navegar por parte da Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.

Unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso pola ría da Arousa verase a costa de Boiro, Rianxo, A Illa de Arousa, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Praias, calas, cabos, enseadas, pontes e parte dos cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo.

Haberá máis viaxes, tódalas fins de semana de xuño e de setembro.

Consiste nunha travesía guiada de 6 horas. Desembarcarase en Rianxo ou Vilagarcía para comer.

Sairase ás 11.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase sobre as 18.00 h

Viaxarase en grupos reducidos: como máximo 10 persoas poden ir en cada viaxe. É obrigatorio levar máscaras por precaución sanitaria.

As reservas realizaranse por correo electrónico no enderezo turismo@apobra.gal ou chamando por teléfono ó 671 090 262.

Os prezos por persoa son de 12€ e, os/as nen@s menores de 12 anos, 8€. As familias con máis dun/dunha nena terán desconto.

Por agora, é preciso o pagamento por transferencia bancaria.

No suposto de ir mal tempo, adiarase a viaxe para outro día.

É unha actividade financiada polo programa “O Teu Xacobeo” da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta, organizada pola Concellaría de Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!