Próxima reapertura do Museo do Gravado de Artes (Ribeira)

Comparte esto:

Comunicamos que o Museo do Gravado abrirá ao público cun tercio do seu aforo o próximo martes, 26 de maio no seu horario habitual de martes a sábado, de 09.00 a 16.00 h (Festivos: de 10.00 a 13.00 h – Domingos e Luns: Pechado).

A exposición BarbantiaRte VII é a exposición actual que reúne a 80 artistas de todas as disciplinas e que ocupa dúas salas do Museo. Poderase visitar ata o 26 de xuño.

Informamos tamén que e a seguinte mostra que se vai realizar é a do artista noiés Xosé Luís Veiras Manteiga coa súa exposición 1972 ANTOLÓXICA 2019. Esta exposición abrirase ao público o 3 de xuño, ás 20.30 h e poderá visitarse ata finais de agosto. Ocupará as 3 salas do Museo do Gravado e recolle dende gravados litográficos, plumiña, tintas, óleo e técnicas mixtas.

Para máis información no dubiden en poñerse en contacto con nós.

Comparte esto:

Deja una respuesta

whatsapp
Envíanos un WhatsApp Responderémosche o antes posible

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!