O CONCELLO DE RIBEIRA BONIFICARÁ A ASISTENCIA DOS NENOS DO MUNICIPIO NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN LANZADOS POLA INICIATIVA PRIVADA

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

No ánimo de favorecer a conciliación laboral e familiar dentro do municipio ao tempo que axudar ás empresas de ocio infantil locais en tan difíciles circunstancias, o Concello vén de lanzar unha iniciativa en virtude da cal subvencionará a participación de nenos e nenas do municipio en campamentos de verán lanzados pola iniciativa privada de Ribeira.

A Concelleira de Cultura, María Sampedro, deu a coñecer esta fórmula que substitúe excepcionalmente a uns campamentos municipais cuxos trámites para contratalos por un período de dous anos quedaron paralizados pola irrupción da pandemia. Como alternativa, por medio duns bonos de conciliación o Concello subvencionará con 100 euros por alumno e mes (xullo e agosto) aos participantes en campamentos cuxos dous proxenitores (ou proxenitor se son familias monoparentais) traballen, mentres que no resto dos supostos esta rebaixa será de 50 euros ao mes.

Preinscrición

A Concellería de Cultura abrirá o vindeiro luns 22 de xuño un prazo de preinscrición no Centro Cultural Lustres Rivas para que os interesados poidan anotar aos seus fillos e fillas ademais de deixar constancia da antedita situación laboral.

A edil explicou ademais que se concederán facilidades para que, de ser necesario, se utilicen instalacións municipais no desenvolvemento destes campamentos, incluso nas parroquias. De feito, unha das empresas coas que se contactou vai programar o seu campamento no pavillón de Palmeira, en tanto que a Asociación TDAH levará a cabo un campamento propio na casa de cultura de Aguiño.

Escolas de surf

Outra das iniciativas das que informou María Sampedro ten que ver coas escolas municipais de surf, windsurf e paddle surf, que este verán asume a Concellería de Cultura xunto con Deportes, incrementando desta forma o número de prazas.

Neste senso, as prazas de surf pasarán de 70 a 100 nunha escola que este ano será desenvolvida Grip Surf School, con base en Corrubedo; e as de windsurf e paddel surf de 40 a 60 prazas en total, correndo a cargo nesta ocasión de Geckos Surf & Sup School, con sede en Ribeira.

Sampedro avanzou que en próximas datas informará doutras iniciativas nas que se está traballando co mesmo obxectivo de ofrecer alternativas de ocio para a infancia e mocidade do municipio durante a época estival.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!