O CONCELLO CONSTRUIRÁ UN CIRCUÍTO PUMP TRACK NO COMPLEXO DEPORTIVO DA FIEITEIRA PARA BICICLETAS, MONOPATÍNS E PATINETES

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on telegram
Telegram
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Share on print
Print

O Complexo Polideportivo da Fieiteira contará cunha nova instalación consistente nun circuíto pump track que se construirá nunha parcela anexa a estas instalacións coa fin de satisfacer as necesidades de ciclistas, skaters e usuarios de patinetes.

Para cofinanciar a execución desta actuación o Concello vén de recibir unha achega de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ao abeiro da orde de 12 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020. 

A intervención subvencionada incluirá outras melloras por un orzamento total de 88.349 euros, IVE incluído, do cal 40.000 corresponderá á citada achega autonómica.

Boomerang

De acordo co proxecto elaborado, o circuíto disporase nunha superficie de 800 metros cadrados. Contará cun trazado parecido a un boomerang con curvas comprendidas entre 70º e 170º e cinco rectas definidas por distintos obstáculos ata sumar unha lonxitude de corda total de 100 metros. Todo o percorrido manterá unha anchura de 1,80 metros.

As obras necesarias inclúen a limpeza e nivelación do terreo, canalizacións de auga, perfilado de obstáculos, revisión e proba do circuíto en terra, asfaltado, sinalización e acabado de zonas internas do trazado.

Outras melloras

Ademais, o proxecto inclúe obras de mellora no vestiario do campo de fútbol, na terraza situada enriba da sauna (coa fin de impermeabilizala e evitar posibles filtracións de auga) e no almacén situado nas inmediacións da pista de atletismo (reformarase tanto a cuberta como o chan e as paredes interiores).

O prazo de execución son tres meses.

Máis de deportes

O NOSO EQUIPO

Basilio Dosil con la equipación del Atlético de Madrid
BASILIO DOSIL - fai un pan cunhas tortas

Basilio é do Atlético de Madrid, o sea, un sufridor nato. Ten unha panadería e é un crack facendo todo tipo de pan e fai unhas empanadas fora de serie.

Manu
MANUEL LAGO - O exprimidor

Manu é o conductor perfecto, sabe exprimir ao máximo a estes dous, por eso lle chamamos o “exprimidor”. É unha enciclopedia dos deportes e tamén, como Basilio, un “sufridor”, é do Depor.

Eladio Cubelo
ELADIO CUBELO - Sachador number one

Eladio é o Pater, do Barcelona férrero, e ademáis canta como ninguén (menos mal:D. Un auténtico gurú dos deportes está maís especializado en fútbol, os da Costa non saberían o qué facer sin seus consellos.

Entrevistas

Estudio eladio

SIGUENOS EN REDES SOCIALES

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!