Denunciado un ribeirense por un delito contra a seguridade pública por alcoholemia tras accidentar na Avenida da Coruña

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

A Policía Local de Ribeira informa dun presunto delito contra a seguridade pública por parte dun cidadán que arroxou un resultado positivo na proba de alcoholemia despois de ter un sinistro automobilístico na pasada madrugada na avenida da Coruña.

Así, ás 3:13 horas, un particular avisou ao 112 sobre unha saída na citada vía cunha persoa ferida. Persoados os axentes no lugar dos feitos, observaron un vehículo marca Renault Megan accidentado á altura do número 162. O condutor resultou ser un varón de 32 anos que presentaba feridas superficiais no rostro e extremidades superiores, así como dor lumbar e torácica. Sometido á proba de alcoholemia, resultou positiva con 0,84 mg/l. O condutor era novel. Comprobouse que o vehículo carece de seguro e ITV.

O individuo foi trasladado ao Hospital da Barbanza. Minutos despois (ás 4.30 horas) recibiuse aviso destas instalacións sobre que a persoa implicada no accidente se dera á fuga. Foi localizado na estrada AC-550 con síntomas de desorientación e volveu ser trasladado ao centro hospitalario a través dunha ambulancia do 061.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!