Comezan as obras de reforma integral na piscina municipal de Lousame, nas que o Concello investirá máis de 114.000 euros

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on telegram
Telegram
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Share on print
Print

O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de reforma integral da piscina municipal, adxudicadas á empresa Jstop Obras y Servicios SL por 114.5000 euros e un prazo de execución de tres meses. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “estamos falando dunha obra moi necesaria, pois a piscina precisaba dunha importante reforma para mellorar o seu funcionamento e a calidade do servizo que se lle presta á veciñanza”.

Unhas obras que deron comezo este mes de xuño e que estarán rematadas o vindeiro 31 de agosto. “Tiñamos todo preparado para que as obras puideran estar finalizadas neste mes de xuño pero a paralización dos prazos administrativos derivada da declaración do estado de alarma pola pandemia da Covid-19 atrasou todo o procedemento e fixo que as obras deran comezo xusto cando tiñan que estar rematadas”, apunta a alcaldesa lousamiá.

As obras deron comezo a pasada semana coa demolición do antigo pavimento e dun muro perimetral, para proceder posteriormente á ampliación da zona de praia. “A actuación permitirá unha reforma integral da piscina municipal, con actuacións non visibles pero moi importantes como a impermeabilización do vaso da piscina para evitar fugas de auga e a reparación das instalacións da sala de máquinas. Despois estará a colocación dun novo pavimento e a realización de arranxos na zona das duchas e na carpintería interior, que nos viñan reclamando os veciños e veciñas de Lousame”, explica Teresa Villaverde.  

O proxecto inclúe o cambio do sumidoiro do vaso por outro novo con rexilla de plástico e a revisión e selado de inxectores do vaso da piscina. Tamén se impermeabilizará o vaso da piscina cunha membrana antiesvarante e instalarase un novo pavimento no exterior. Este novo solo estará feito en soleira de formigón armado sobre encachado de pedra granítica. Finalmente, contémplase a ampliación da zona de praia da piscina en 4 metros, para o que foi preciso o derrubo e reconstrución do muro perimetral da instalación.

Na sala de máquinas está previsto colocar dunha nova electrobomba centrífuga, un novo caudalímetro electromagnético, unha nova sonda a nivel e un novo circuíto de tuberías, válvulas e accesorios precisos para o vaso da instalación. Así mesmo, instalarase unha nova fontanería na sala de bombas, un novo cadro eléctrico e dous novos reguladores do pH e do cloro da auga piscina.

Na parte eléctrica, colocarase unha rede eléctrica de distribución interior da sala de máquinas, substituirase o alumeado da zona de vestiarios e colocarase unha nova instalación de electricidade para o alumeado exterior, con novas luminarias LED. Ademais, deixarase unha canalización en tubería de PVC para unha posterior instalación de paneis solares.

No resto da instalación está previsto actuar sobre a carpintería e as paredes, ás que se lles aplicarán tratamentos protectores (insecticida, funxicida e termicida) e antihumidades, así como dúas mans de pintura. As obras están incluídas no Plan Complementario do Plan Único 2019.

Máis de deportes

O NOSO EQUIPO

Basilio Dosil con la equipación del Atlético de Madrid
BASILIO DOSIL - fai un pan cunhas tortas

Basilio é do Atlético de Madrid, o sea, un sufridor nato. Ten unha panadería e é un crack facendo todo tipo de pan e fai unhas empanadas fora de serie.

Manu
MANUEL LAGO - O exprimidor

Manu é o conductor perfecto, sabe exprimir ao máximo a estes dous, por eso lle chamamos o “exprimidor”. É unha enciclopedia dos deportes e tamén, como Basilio, un “sufridor”, é do Depor.

Eladio Cubelo
ELADIO CUBELO - Sachador number one

Eladio é o Pater, do Barcelona férrero, e ademáis canta como ninguén (menos mal:D. Un auténtico gurú dos deportes está maís especializado en fútbol, os da Costa non saberían o qué facer sin seus consellos.

Entrevistas

Estudio eladio

SIGUENOS EN REDES SOCIALES

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!