Bruno Rodríguez, AD Esteirana Remo

No programa de retorno falamos con Bruno Rodríguez, remeiro, adestrador e o que faga falla na Esteirana de Remo. Esta fin de semana mentras adestraban tiveron que acudirlle a unhas rapazas que tiveron problemas cando ían en Kaiak. Falamos do suceso, da presente temporada e dese campionato de España acadado polos irmáns Montes, saídos da […]

Voltamos en agosto. Ovidio Rodeiro falounos neste último matinal

Último “Sol y Sombra” antes das vacacións. Falounos o delegado territorial da Xunta de Galicia, Emilio Rodeiro. Tamén tivemos a Ton Lorenzo, que o luns volta co seu “Entrerrías”. Xota gañou o sorteo da Botica do Viño Javier Deán. Impactante primicia sobre un Padre Eladio que nos deixou outro fermoso maxisinguel.

Logo dun mes ausente voltou o santoral do Padre Eladio, e foi sublime

Venres collemos vacacións e iso forzou ó Padre Eladio a voltar co santoral un mes despois, a espera pagou a pena un ferrado. Basilio mais el conchávanse para rajar dos que collemos estas merecidísimas vacacións. Lembrade que voltamos en agosto co matinal e este venres será o sorteo da Botica do Viño Javier Deán.

Manu García (BNG Muros-Noia)

Un dos xoves mozos do Bloque (New Kids on the Bloq) é o muradán Manu García, que hoxe nos deu a súa valoración sobre as autonómicas de este domingo, a candidatura que encabeza Ana Pontón, as posibilidades de que mude a governanza en Galicia e, entre outros particulares de índole política, o noso Deportiviño. Estivemos […]

Elías Ruso, socorrista en Broña (o da hamaca)

Elías Ruso, intrépido socorrista de Broña, o mais veloz en deitarse na hamaca, falanos do comportamento dos bañistas estes días, da picadura da faneca brava, dos cortes de dixestión e tamén das performances nos vestiarios da Esteirana e o Outes, onde aprendeu un capacho delas. Un mito O Padre Eladio raja das arbitraxes ó Madrid, […]

Fernando Froján, a “Esmu Lousame” abre prazo de inscripción

Fernando Froján falanos da Escola de Música de Lousame, que hoxe abre prazo de inscripción para o vindeiro curso. Xa sabedes que tedes toda a info na páxina do Concello de Lousame. Eladio fixo imitacións calcadas de Cañita e Víctor Sabarís; imposible descifrar cal é o auténtico e cal o imitador. Antón, cun esguince finxido, […]

Luís Oujo (alcalde Porto do Son), Eladio vai a Malpica canda Abascal

O alcalde sonense Luís Oujo acompañanos nun repaso polas cuestións mais relevantes na actualidade do seu municipio. As obras da fachada marítima, tentando que non repercutan negativamente na hostalería e no comercio, ou diversos eventos xa confirmados que han ter lugar no verán sonense, son algunhas das cuestións que tratamos con el. Logo dun absentismo […]

Basilio ofrécese a satisfacer a Pilar Rubio

Nun despliegue de xenerosidade nunca vista bifor, Basilio rójase a Pilar Rubio para encetar unha relación efímera pero preñada de fuego. Ademais adoctrínanos sobre as diferencias entre o xabarín e o teixón e como cociñalos. Tamén fai unha solvente análise da actualidade política en vésperas das autonómicas. O tipo é un dos nosos meirandes sabios […]

Brokktt preséntanos “Blindao”

O xoven cantante galego Brokktt, que xa estivo connosco a primeiros de abril para nos presentar “Dices que te vas” falanos hoxe de “Blindao”, o seu novo tema; moi bailable e pegadizo, chamado sen dúbida a sonar a destajo en todalas plataformas. Antón foi a man inocente do sorteo da Viñoteca Javier Deán e Javi […]