Joss (pintura tellas, jaliñeiro, parte interna do hinodoro…)

Nova clase de pintura nos apurra Joss: “O catador do garrafón Premium do Orzán” danos hoxe todalas claves para pintar de marrón a parte interior do water, en aras de disimular descuidos e pensando na xente delicada que lle ten asco á escobilla; pintura de jaliñeiro, parte de atrás da mesiña de noite… Un sabio. […]

Toni Alonso (Luthier), Eladio, Sabela e Antón con grandes primicias

O portosinense Antonio Alonso é un creador de violíns, chelos, violas e outros instrumentos que nos achega hoxe a ese fascinante universo creativo. Un talento coma poucos. O Padre Eladio escachoulle un salmo que deixa unha primicia que poucos controlaban: San Pedro tamén gambeaba sobre as augas. Ademais dunha ácida reflexión sobre “os que van […]

O rato Pérez foi xunta Antón, Sabela e el informan do suceso

O ratiño Pérez acudeulle a Antón logo de lle caer un dente, crematísticamente falando foi unha noitaza, Sabela e Antón explican todo minuciosamente. Logo dun gran santoral, o Padre Eladio escachalle un terrible salmo hidrolóxico, avisa de que vainos presentar un tenente coronel que foi coleguilla do rei emérito e informa de esa caravana reivindicativa […]

DJ Marcos Magán, sesión en Pub Código (Portosín, venres 7)

O deejay e locutor de radio estradense Marcos Magán estará este venres no Pub Código de Portosín. Falamos con el da súa extensa traxectoria nas cabinas e do momento actual da música de baile. O Padre Eladio escachoulle un salmo sobre a virxe pero un misterioso ruído de fondo desvirtuou a mensaxe bíblica.

Bruno Rodríguez, AD Esteirana Remo

No programa de retorno falamos con Bruno Rodríguez, remeiro, adestrador e o que faga falla na Esteirana de Remo. Esta fin de semana mentras adestraban tiveron que acudirlle a unhas rapazas que tiveron problemas cando ían en Kaiak. Falamos do suceso, da presente temporada e dese campionato de España acadado polos irmáns Montes, saídos da […]

Voltamos en agosto. Ovidio Rodeiro falounos neste último matinal

Último “Sol y Sombra” antes das vacacións. Falounos o delegado territorial da Xunta de Galicia, Emilio Rodeiro. Tamén tivemos a Ton Lorenzo, que o luns volta co seu “Entrerrías”. Xota gañou o sorteo da Botica do Viño Javier Deán. Impactante primicia sobre un Padre Eladio que nos deixou outro fermoso maxisinguel.

Logo dun mes ausente voltou o santoral do Padre Eladio, e foi sublime

Venres collemos vacacións e iso forzou ó Padre Eladio a voltar co santoral un mes despois, a espera pagou a pena un ferrado. Basilio mais el conchávanse para rajar dos que collemos estas merecidísimas vacacións. Lembrade que voltamos en agosto co matinal e este venres será o sorteo da Botica do Viño Javier Deán.

Manu García (BNG Muros-Noia)

Un dos xoves mozos do Bloque (New Kids on the Bloq) é o muradán Manu García, que hoxe nos deu a súa valoración sobre as autonómicas de este domingo, a candidatura que encabeza Ana Pontón, as posibilidades de que mude a governanza en Galicia e, entre outros particulares de índole política, o noso Deportiviño. Estivemos […]