As praias pobrenses dos Areos, da Barca, da Corna, da Illa, da Lombiña e dos Raposiños, con augas EXCELENTES segundo as autoridades sanitarias

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

O Ministerio da Sanidade publicou unha guía sobre recomendacións para a apertura de praias e zonas de baño trala crise do Covid-19. Recolle a seguinte información:

O risco de exposición ó SARSCoV-2 nas augas de baño podería aumentar pola contaminación da auga bruta polas ditas augas residuais sen depurar.”

Non obstante tamén indica o que segue:

A Organización Mundial da Saúde recentemente sinalou que o risco debido ó Covid-19 no baño recreativo está máis relacionado co baixo respecto do distanciamento social e menos co virus na auga”.

Por último, tamén afirma o que se indica a seguir:

“Se existe contaminación fecal a presenza destas bacterias indicaríao, polo cal non serían necesarias determinacións adicionais por motivo do SARS-CoV-2.”

Pois ben, os resultados para as praias máis importantes do noso concello (por tamaño e afluencia de persoas) volven ser, un ano máis, moi bos canto á calidade das augas dende o punto de vista sanitario: a cualificación acadada é en todas de EXCELENTE. Polo tanto o risco de contaxio por esta vía é moi baixo, por non dicir inexistente, nestes areais.

Existe aínda algún punto negro na nosa costa, pendente de solucionar. Un está na Ribeiriña, na punta Toxal, polo tanto o baño non está recomendado preto desa zona.

Tamén nos días de choivas intensas pode producirse unha evacuación directa ó mar de augas sen depurar, a través dos aliviadoiros que impiden o colapso do noso sistema de saneamento. Existen en toda a rede e poden afectar puntualmente algunhas praias. Aínda así o risco de contaxio é moi baixo, pero como medida de precaución adicional, de se producir esta circunstancia, será mellor deixar pasar como mínimo 12 horas entre o fenómeno meteorolóxico intenso e o baño.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!