Anxo Queiruga, reelixido presidente de COCEMFE por catro anos máis

Comparte este contido

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

O presidente de COGAMI, Anxo Antón Queiruga Vila, vén de ser reelixido como máximo representante da discapacidade en España, tras obter o apoio unánime dos máis de 100 delegados e representantes das 91 entidades membro de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), que votaron durante a asemblea extraordinaria celebrada en formato on line esta mañá.

Tralo nomeamento, Anxo Queiruga afirmou que “nos vindeiros catro anos incidiremos en todas as cuestións que reclamamos como movemento asociativo e aínda non conseguimos, en paliar os efectos negativos que a pandemia COVID-19 está ocasionando sobre as persoas con discapacidade física e orgánica e en que non se produza ningún retroceso no exercicio dos seus dereitos”. 

Tras agradecer a confianza depositada polas persoas representantes do movemento asociativo que aposta porque sexa a súa cabeza visible outros catro anos máis, Anxo Queiruga insistiu que non permitirá que “a discapacidade física e orgánica dea un paso atrás”.

A partir de hoxe, Anxo Queiruga ten unha folla de ruta marcada que xa anunciou que consistirá en mellorar a autonomía das persoas con discapacidade física e orgánica en todo o ciclo vital; impulsar a empregabilidade; conseguir a non discriminación das mulleres con discapacidade física e orgánica; garantir a igualdade de oportunidades na infancia a través dunha educación inclusiva e acadar unha mellor coordinación entre o ámbito social e sanitario. 

Carpeta de imaxes da Asemblea

Traxectoria de Anxo Queiruga

Anxo Queiruga, natural de Porto do Son e afincado en Compostela dende hai 28 anos, inicia a súa primeira toma de contacto co movemento asociativo da discapacidade durante os anos 80 a través da asociación Ámbar da comarca da Barbanza. A partir de aquí, inicia a traballar en COGAMI en 1997, primeiro na área de Administración e logo como coordinador da área de Formación e Emprego, postos que combina co cargo de Vicepresidente, ata que  en 2007, é nomeado presidente de COGAMI e do Consello de Administración de Galega de Economía Social- GES, empresas de economía social que forman parte de COGAMI. En 2016 preséntase para presidir COCEMFE, gañándoas e compaxinando esta presidencia coa de COGAMI.

Que é COCEMFE?

COCEMFE é Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro constituída en 1980 co fin de aglutinar, fortalecer, formar e coordinar esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica, a través da defensa dos seus dereitos e a mellora da calidade de vida.

Máis de 1.600 asociacións son as que conforman COCEMFE, divididas en Confederacións Autonómicas, Entidades Estatais e Federacións Provinciais que, á súa vez, aglutinan entidades locais. Para estas entidades, e ás persoas que representan, COCEMFE destina programas de integración laboral, educación, accesibilidade, atención sociosanitaria, lecer e atención tanto á infancia como ás mulleres e xuventude.

Maís para explorar

5FM, a mellor radio do mundo mundial

Home, e ló!

Veintisie7e Multimedia

Entra na páxina de Veintisie7e Multimedia para informarte sobre promocións publicitarias, non só de 5FM Radio, sinon tamén de Radio Galega, Televisión de Galicia, Internet en xeral…

(c) 2020 Veintisie7e Multimedia S.L.

Xenial!

Suscríbete GRATIs,
e infórmate!

Suscribirte a 5FM Radio, é ¡GRATIS!
Enviarémosche tódolos días as novas da páxina e a grabación do programa ao teu mail, ademáis de algunha oferta dos nosos clientes. A que sí que é xenial!

Suscríbete a nuestro Boletín
Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!