Adxudicación provisional das obras para a pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no Vilar en Carreira

Comparte esto:

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha actuación consistente na pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo do Vilar, situado na parroquia de Carreira.

Na actualidade, as rúas onde se vai facer a intervención son de formigón e nelas se observan danos importantes, como disgregacións ou socavóns no firme. Para corrixir esta situación, redactouse un proxecto que inclúe as seguintes accións:

  • Pavimentación con formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual.
  • Instalación de dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais de construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

A obra recaeu na empresa Tamara Fernández Pérez. Comporta un investimento de 47.480 euros, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son tres meses.

Comparte esto:

Deja una respuesta

whatsapp
Envíanos un WhatsApp Responderémosche o antes posible

Estamos a ter un problema coa conexión a internet, por ese motivo o programa

“Sol y Sombra”

non está a sair. Estamos a traballar para solucionalo canto antes.

Podedes escoitar a emisión alternativa mentras.

Disculpas!