A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-199 ao seu paso polo Concello de Dumbría

Comparte esto:
  • A intervención foi adxudicada por un investimento de máis de 43.000 euros e  conta cun prazo de execución dun mes
  • Os traballos que se están a executar no tramo desta vía, entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900, completarán os xa efectuados en marzo no treito entre os puntos 0 e 0+300
  • As obras céntranse no reperfilado de cunetas e no fresado e reposición da capa de aglomerado da estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén iniciar as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-199, ao seu paso polo concello de Dumbría.

Estas actuacións están a ser executadas pola empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L e foron adxudicadas por un importe de máis de 43.000 euros. Contan cun prazo de execución dun mes.

Os traballos que se prevé realizar permiten completar a actuación de mellora na capa de rodadura realizada en marzo no treito desta mesma vía, entre os puntos quilométricos 0 e 0+300.

As novas obras céntranse no reperfilado de cunetas, no fresado e na reposición da capa de aglomerado no tramo entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900.

O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas autonómicas co fin de incrementar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade dos cidadáns.

Comparte esto:

Deja una respuesta