A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais á ría de Arousa na parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira

Comparte esto:

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Arousa, localizado na parroquia de Corrubedo, no concello coruñés de Ribeira.

Os traballos de inspección e os controis analíticos realizados polos técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no municipio permitiron identificar a súa orixe nunha condución dos inmobles de rúas próximas ao areal de Ribeira do Prado, que desaugaba directamente ao mar nesta zona de baño.

A administración hidráulica da Xunta realizou no ano 2015 actuacións para dotar de saneamento esta parroquia ribeirense e recentemente o Concello executou obras de carácter municipal para a renovación das liñas de saneamento e pluviais nas rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra.

Nunha nova inspección á zona, os inspectores autonómicos puideron constatar mediante o control analítico neste punto, que as obras realizadas pola entidade local permitiron a emenda do vertido.

Estas actuacións do Concello serán completadas coa retirada da condución submarina na contorna da praia e a súa adecuación como punto de desaugue de augas pluviais.

Comparte esto: